Lidar e Arqueoloxía / Lidar y Arqueología

Lidar-Light Detection and Ranging- ou Als -Airborne Laser Scaning- é unha tecnoloxía que entre outras cousas permite mapear e visualizar un obxecto, un edificio ou unha paisaxe cunha enorme precisión . Utilizada dende un avión, helicóptero etc., esta tecnoloxía é capaz de escanear a superficie terrestre lanzando milleiros de pulsos láser por segundo. Estes pulsos son reflectidos pola vexetación, os edificios ou o chan. Medindo o tempo que estes pulsos tardan en ir dende o emisor láser ata o chan e volver podemos coñecer a distancia entre a superficie e o emisor. Esta medida utilízase xunto cun INS ou sistema inercial de navegación -infórmanos dos xiros e da traxectoria do avión- e un GPS para asignar datos de posición e elevación -x, y, z- a cada punto onde o láser rebota, desta forma é posible obter unha densa nube de puntos e crear un modelo moi detallado da superficie terrestre.

Terrain-mapping-plane

Esta tecnoloxía é especialmente útil en arqueoloxía de xestión xa que permite un recoñecemento do terreo rápido e preciso co conseguinte aforro de custos e tempo. Os casos nos que a superficie terrestre e polo tanto as estruturas arqueolóxicas, están baixo unha vexetación densa -como ocorre moitas veces en Galicia- non son un problema para o Lidar. Dende Galicia, en Arbore arqueoloxía e Xestión utilizamos algoritmos de filtrado cos que podemos literalmente eliminar a vexetación -árbores, arbustos etc- e visualizar un modelo tridimensional con datos do terreo.   Castros, túmulos, explotacións mineiras romanas, estruturas agrarias -balados e terrazas- etc. quedan á vista nunha paisaxe virtualmente deforestada, e deste xeito podemos mapealos e situalos correctamente na planimetría.

west-end-cursus-lidar©English Heritage – Original data from The Environment Agency.

Cornado_SE

MDE do Castro de Cornado -Negreira- cun posible recinto interpretado non sen polémica como campamento romano -ver aquí e aquí-. Nestes casos o LIDAR mostra a súa potencialidade para o recoñecemento arqueolóxico do territorio.

Para mais información no dubide en poñerse en contacto con nos: 629667937 -arqueoloxiaxestion@gmail.com

Lidar -Light Detection and Ranging- o Als -Airborne Laser Scaning- es una tecnología que entre otras cosas permite mapear y visualizar un objeto, un edificio o el territorio con una precisión enorme. Utilizada desde un avión, helicoptero etc., esta tecnología es capaz de escanear la superficie terrestre lanzando miles de pulsos laser por segundo. Estos pulsos son reflejados por la vegetación, los edificios o el suelo. Midiendo el tiempo que estos pulsos tardan en ir desde el emisor laser hasta el suelo y volver podemos conocer la distancia entre la superficie y el emisor. Esta medida se utiliza junto con un INS o sistema inercial de navegación -nos informa de los giros y de la trayectoria del avión- y un GPS para asignar datos de posición y elevación a cada punto donde el laser rebota, de esta forma es posible obtener una densa nube de puntos y crear un modelo muy detallado de la superficie terrestre.

Esta tecnología es especialmente útil en arqueología de gestión ya que permite un reconocimiento del terreno rápido y preciso con el consiguiente ahorro de costes y tiempo. Los casos en los que la superficie terrestre y por tanto las estructuras arqueológicas, están bajo un vegetación densa -como es el caso de Galicia- no son un problema para el Lidar. Dese Galicia, en Arbore Arqueología y Gestión utilizamos algoritmos de filtrado con los que podemos literalmente eliminar la vegetación -árboles, arbustos etc- y visualizar un modelo tridimensional con datos del terreno. De esta forma castros, túmulos, explotacicones mineras, estructuras agrarias -balados e terrazas- etc. quedan a la vista en un paisaje virtualmente deforestado. De esta forma podemos mapearlos y situarlos correctamente en la planimetría.

Para más información no dude en ponerse en contacto con nosotros: 629667937 -arqueoloxiaxestion@gmail.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s